O Secretario Xeral de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello, valora positivamente a disposición da Consellería de Medio Ambiente de entablar un diálogo coas organizacións agrarias para buscarlle unha solución aos problemas que a instalación de Zonas Especiais de Protección de Aves (ZEPA) poden causar aos habitantes do rural.
Na xuntanza celebrada hoxe, na que ademáis estiveron presentes o director xeral de Conservación dan Natureza e os representantes de tres organización ecoloxistas, acordouse facer un estudio sobre as repercusións da Lei do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, que entrará en vigor a primeiros de xaneiro, e sobre a súa adaptación á lexislación autonomica.
Tamén se acordou celebrar unha nova xuntanza o 21 de decembro para falar das zopnas onde se pretende implantar unha ZEPA e para coñecer a proposta de novo mapa das ZEPAs.
O representante de XXAA valorou moi especialmente que o conselleiro admitira que as ZEPAs limitan o uso da terra aos agricultores e que fora recpetivo as preocupacions do afectados.
Santiago 30 de novembro de 2007
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.