De feito, a pesar dos abandonos, o sector galego incrementa o seu peso no total nacional dado que, porcentualmente, en Galicia abandonan tres veces menos gandeiros que noutras comunidades históricamente productoras como Asturias ou Cataluña. En números absolutos, dos 3.830 gandeiros que había en Asturias, ó longo deste ano acaban de abandonar 457, o que supón un12% do total, e un 6,5% da súa cota láctea. No caso galego abandonaron 1.006 dos 16.085 gandeiros, o que equivale ao 6,25% do total dos productores e, como se dixo, ao 2,2% da cota. O secretario xeral técnico de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello, destacou ademais que a cota media por explotación abandonada foi do doble en Asturias ca en Galicia. “No noso pais, abandonáronse -dixo- explotacións catro veces mais pequenas que a media nacional, é dicir, pequenas granxas cunha cota moi reducida”. A xuizo de Xóvenes Agricultores, a contundencia destes datos debe facer reflexionar á Ministra de Agricultura para que rectifique o seu proxecto de decreto do chamado “Plan Lácteo” porque prexudica claramente aos gandeiros galegos e vai contra a evolución natural do sector. “Sobre todo -afirmou Francisco Bello- no gravísimo punto relativo á territorialidade das cotas, algo que impediría que empresas como Iparlat e Covap prefiran localizarse en Galicia, como xa anunciaron, porque saben que é aqui onde hai gandeiros con vocación de futuro e producción suficiente para fornecer a esas industrias”.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.