• Buscador
  • Contactenos
  • separador
  • SUSCRIBASE
  • Anuncios clasificados
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Está aquí: Home / Agricultura / Frutas y hortalizas / Alarma no sector hortícola ante a pasividade da Xunta diante da entrada en vigor da Lei de Seguridade Alimentaria

           

Alarma no sector hortícola ante a pasividade da Xunta diante da entrada en vigor da Lei de Seguridade Alimentaria

24/11/2004

23-11-2004. O 1 de xaneiro de 2005 vai entrar en vigor a nova Lei de Seguridade Alimentaria, que obrigará á utilización de sistemas de trazabilidade en toda a cadea alimentaria, é dicir, a supervisar os produtos dende a súa orixe ata a cesta da compra. Ademais, no 2006 entrará en vigor o Paquete de Hixiene, que obriga a levar nas empresas alimentarias sistemas de autocontrol baseados nas análises de puntos críticos.

A triste realidade de Galicia é que o 90 % do sector hortícola non está preparado para a aplicación destas normas e, en moitos casos, nin sequera oíu falar do concepto de trazabilidade.

Para o SLG hai un responsábel directo desta situación de incerteza: a Consellería de Política Agroalimentaria. A acusación non é gratuíta, pois o regulamento específica as administracións –no noso caso, a Xunta- teñen a obriga de axudar á implantación dos sistemas de trazabilidade mediante campañas informativas, elaboración de guías de aplicación, e coordinación dos distintos sectores implicados. Tamén será responsabilidade da Xunta, a partir do 1 de xaneiro, a vixilancia do cumprimento desta lexislación.
A pesar destas obrigas, cando estamos a menos de dous meses da entrada en vigor da lei, a Consellería de Política Agroalimentaria non realizou ningunha acción relacionada con este tema para o sector de horta e, o que é máis grave, non está informando e nin sequera sabe cales son as súas competencias no asunto.

Quen si que o teñen claro son as grandes superficies comerciais e os mercados centrais, que van a esixir, de xeito inmediato, o cumprimento da lexislación. Por exemplo, Gadis vén de avisar aos produtores de horta que o abastecen que, dentro de dous meses, deberán ter un número de rexistro sanitario se queren vender no seu centro de distribución.

Isto está a causar moita confusión e alporizamento no sector hortícola, xa que hai moitos produtores que pensan que en dous meses non estarán en condicións de poderlle dar saída ás súas mercadorías. Entre os afectados inclúense moitos labregos que moven un grande volume de ventas con grandes investimentos na produción e no persoal, e que non poden asumir un período sen vender por pequeno que sexa. Se as cousas seguen a facerse así, esta situación pode forzar o abandono dunha porcentaxe importante de produtores.

Dende o SLG imos esixir da Consellería de Política Agroalimentaria unha actitude responsábel ante esta situación para que asuma as súas responsabilidades á hora de realizar ese labor de coordinación entre produtores, distribuidores e consumidores. Para iso debería organizar de xeito inmediato unha xuntanza cos diferentes sectores implicados. Ademais, o Sindicato Labrego tamén pedirá da Consellería que elabore modelos para os agricultores afectados, tanto para os sistemas de trazabilidade como para a aplicación de sistemas de autocontrol baseados nas análises de puntos críticos. Mesmo debería comezarse a pensar na ampliación do prazo para aplicar a Lei de Seguridade Alimentaria, ou en axudar na realización dos trámites e axilizalos para poder adaptar correctamente esta lexislación á realidade da horta galega.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre FRUTAS Y HORTALIZAS

  • Bruselas propone un contingente arancelario de 500.000 t de frutos secos procedentes de EEUU 14/11/2025
  • Los descartes de frutas y hortalizas en España tienen un alto impacto ambiental 13/11/2025
  • La producción de frutos secos se recupera y alcanzará cifras récord en 2025/26 12/11/2025
  • Reclaman ayudas urgentes ante la crisis del almendro, avellano y algarrobo 11/11/2025
  • Alertan de la crisis de plagas en cultivos hortofrutícolas de Almería 11/11/2025
  • UdeU pide al MAPA defender la inclusión de plagas prioritarias para la citricultura española en la revisión europea 07/11/2025
  • Denuncian en Bruselas el impacto del acuerdo con Sudáfrica en la citricultura valenciana 05/11/2025
  • AREFLH propone alternativas al nuevo Fondo Único para preservar la OCM y la estabilidad del sector hortofrutícola 05/11/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo